Comúns:dato Estruturado/Acerca de

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
This page is a translated version of a page Commons:Structured data/About and the translation is 59% complete. Changes to the translation template, respectively the source language can be submitted through Commons:Structured data/About and have to be approved by a translation administrator.
Outdated translations are marked like this.

Datos estruturados?

Wikimedia Commons traballa con MediaWiki, o mesmo software que impulsa Wikipedia. MediaWiki foi desenvolto inicialmente para aloxar texto como o de Wikipedia. Por tanto, normalmente, cada ficheiro multimedia en Commons está acompañado por descricións en texto plano (wikitexto, modelos) e categorías. Polo xeral, estes só están dispoñibles nunha linguna, na súa maioría en inglés, e, o que é máis importante, non sempre lexibles por máquinas.

Os metadatos estruturados permitirán que os ficheiros sexan accesibles nun formato consistente, estruturado e vinculado: un formato que permite que o software comprenda, a grande escala, o que significan os campos de metadatos (estruturados) e conectalos a outras bases de datos en internet, colocándoas nun contexto máis amplo (vinculado). Os metadatos estruturados tamén son máis granulados e doados de traducir que os datos non estruturados.

Este cambio fai posible o uso do material aloxado en Commons de novas maneiras, e fai que os ficheiros de Commons sexan moito máis doados de ver, buscar, editar, organizar, usar e reutilizar, en moitas linguas.

See also: Por que traballamos nisto.

Que está cambiando en Wikimedia Commons?

A información sobre os ficheiros aloxados en Wikimedia Commons mellorará con datos estruturados, coa tecnoloxía de Wikidata.

Wikidata, o repositorio de datos estruturados no ecosistema de Wikimedia, naceu en 2012. Wikidata está supervisado por un equipo de Wikimedia Alemaña (WMDE) e serve como base para os datos estruturados en Commons.

O software de Wikidata - Wikibase - non almacena artigos en wikitexto, almacena conceptos (chamados "elementos"). Estes elementos conteñen "declaracións" que describen, por exemplo, o título do elemento, as relacións con outros elementos e datas.

Os datos estruturados en Wikidata poden reutilizarse libremente en tódolos sitios Wikimedia e por terceiros. Ademais, os ordenadores poden procesalos e entendelos de forma doada. Debido a esta flexibilidade, Wikidata úsase cada vez máis nos campos de STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), pero tamén no patrimonio cultural e as humanidades. Ademais, grazas ás súas facilidades para as traducións, os datos engadidos a Wikidata nunha lingua poden estar inmediatamente dispoñibles en moitas outras linguas. A integración de datos estruturados en Wikimedia Commons faise a través da integración de Wikibase, e os metadatos de Wikidata, en descricións de ficheiros en Wikimedia Commons.

See also: Preguntas frecuentes.
See also: Glosario.

Como podes axudar e involucrarte

  • Para os membros da comunidade de Wikimedia, hai moitas maneiras de contribuír: comentando, axudando a outros, sendo parte do grupo central da comunidade, traducindo contido...
  • Os representantes de institucións culturais e de coñecemento (GLAM, polas súas siglas en inglés) tamén poden facer comentarios, e ser parte dun grupo principal.
See also: Participa.
See also: Commons:Structured data/GLAM.
See also: Commons:International Image Interoperability Framework.