User:Rocastelo/Primeiros pasos/Formulario de carga

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
First steps/Upload form in other languages:

العربية | Alemannisch | asturianu | català | čeština | Deutsch | English | español | فارسی | français | galego | italiano | 日本語 | ភាសាខ្មែរ | 한국어 | magyar | македонски | Mirandés | Nederlands | norsk bokmål | norsk nynorsk | occitan | polski | português | română | русский | slovenčina | shqip | suomi | svenska | Türkçe | 中文(简体) | 中文(繁體) | +/−

Primeiro contacto
Recomendacións
Uso dos ficheiros
Como cargar un ficheiro
O enlace “Upload file” na caixa “participate” da esquerda

Unha vez que está rexistrado e dentro do sistema xa pode crregar ficheiros. Na zona esquerda por riba da caixa de busca “search” e na cima da caixa “participate”, pode atopar o enlace “Upload file”.

The upload form below the legal text

Premendo na ligazón pode atopar a páxina Special:Upload, que contén un aviso legal moi importante. Isto é de lectura-obrigada para coñecer brevemente os requisitos legais que deben cumprir os ficheiros carregados en Commons e as condicións de licenzamento dispoñibles. É do maior interese ler detidamente isto, os ficheiros que non cumpran os requisitos elimínanse sen aviso ningún. En resume, requírese que os ficheiros poidan ser reutilizados e modificados para calquera propósito con ou sen o consentemento do autor. Na dúbida non se debe vacilar en preguntar en Commons talk:Licensing ou na Taberna antes de cargar os seus ficheiros. En xeral os ficheiros publicados baixo unha licenza copyleft (como GFDL) son correctos, pero se deben verificar.
Por baixo da nota legal está o fomulario de carga. Para seleccionar o ficheiro no seu ordenador prema no botón Browse situado á dereita do campo Source filename, por defecto o nome en Commons será igual que o nome local do ficheiro, vostede pódeo cambiar para darlle un nome máis preciso, débense evitar nomes como DSC123456.jpg. Lembre que non é posible renomear os ficheiros unha vez cargados.
Un pouco máis abaixo está o campo Summary, é importante tamén xa que unha imaxe sen a descrición do seu contido perde boa parte da súa utilidade. Di sobre que trata, onde e como se fixo, por quen e cando e mesmo que cámara se utilizou. Ademais, por favor, tamén respecte estes puntos:

  • Se vostede é o autor do ficheiro, indíqueo.
  • Se o copiou doutro sitio web, indique o enderezo URL.
  • Se o obtivo doutro proxecto Wikimedia, sinale de cal (por exemplo, "a Wikipedia en alemán"), o autor alí e o nome orixinal do ficheiro.
  • Se está cargando unha versión modificada do ficheiro, é importante especificar co maior detalle os cambios efectuados no ficheiro.
  • Clasifique a imaxe na categoría específica e na galería que sexa preciso


Por favor teña en conta que

  • Para os usuarios novos hai un período de 4 días nos que non poden sobreescribir os ficheiros xa existentes (e facelo nas imaxes doutros usuarios non é recomendable facelo na maioría dos casos).
  • Prosiga coa seguinte páxina Commons:Primeiros pasos/Selección da licenza que debe ser lida polos que comezan para que as imaxes que carguen non teñan problemas.

Véxase tamén[edit]

As páxinas do manual de MediaWiki: