User talk:Lusografia

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
Galego: Benvido/a a Commons, Lusografia!
Afrikaans | Alemannisch | asturianu | azərbaycanca | Bahasa Banjar | català | čeština | Cymraeg | dansk | Deutsch | Deutsch (Sie-Form)‎ | English | español | Esperanto | euskara | estremeñu | français | Frysk | galego | hrvatski | Bahasa Indonesia | interlingua | Interlingue | íslenska | italiano | Kiswahili | Kurdî | Latina | lietuvių | magyar | Bahasa Melayu | Mirandés | Nederlands | norsk bokmål | occitan | Plattdüütsch | polski | português | português do Brasil | română | rumantsch | Scots | shqip | sicilianu | slovenčina | slovenščina | Basa Sunda | suomi | svenska | Tagalog | Türkçe | vèneto | Tiếng Việt | Zazaki | Ελληνικά | беларуская | беларуская (тарашкевіца)‎ | български | Ирон | македонски | нохчийн | русский | српски / srpski | тоҷикӣ | українська | ქართული | Հայերեն | नेपाली | भोजपुरी | मराठी | हिन्दी | অসমীয়া | বাংলা | தமிழ் | മലയാളം | සිංහල | ไทย | ၽႃႇသႃႇတႆး  | မြန်မာဘာသာ | 한국어 | 日本語 | 中文 | 中文(台灣)‎ | 中文(简体)‎ | 中文(繁體)‎ | 粵語 | עברית | اردو | العربية | تۆرکجه | سنڌي | فارسی | +/−
Titorial Primeiros pasos

No titorial primeiros pasos e nas preguntas frecuentes pode atopar moita información de axuda logo de rexistrase. Explícase como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos da política de licenzas. Non necesita coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímese a contribuír aquí e presupoña boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki - é realmente fácil contribuír.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible no Portal da comunidade. Pode pórse en contacto co resto dos usuarios galegofalantes na Taberna ou cos usuarios internacionais no canal de IRC #wikimedia-commons. Tamén pode contactar cos administradores na súa páxina de discusión. Se ten algunha pregunta específica sobre o copyright, formúlea en Commons talk:Licensing.

Recomendacións
  • Poña as caixas Babel na súa páxina de usuario para que outros coñezan que linguas fala
  • Todos os ficheiros que vostede cargue poden consultarse na Galería persoal
  • Por favor engada a súa sinatura nas páxinas de discusión escribindo ~~~~
  • Use a ferramenta CommonSense para atopar as categorías correctas para os seus ficheiros (así tamén outras persoas poderan dar con eles!)
  • Para enlazar cara unha páxina de imaxe, escriba isto: [[:Image:Foo.svg]]; o resultado é este: Image:Foo.svg
  • Se vostede está publicando imaxes procedentes doutro proxecto, asegúrese de utilizar CommonsHelper
Cometeu un erro?
  • Quere renomear ou mover un ficheiro? Só ten que carregar o ficheiro outra vez e o antigo marcalo con isto: {{bad name|Nome correcto}}
  • Para ampliar información lea directrices de borrado (en inglés)
(P.S. Por favor pode responder a esta mensaxe no espazo común para que saibamos que ten a información que precisa?)
Para contactar conmigo

Para contactar conmigo, haz click en la
frase Contacta comigo de mi firma.
Haz click después en la pestaña editar
de la ventana que se abre. Escribe al final
de la página y, cuando acabes, firma (haz
click en el penúltimo botón de la barra que
está encima de la caja de edición, el que
tiene una firma como dibujo).


Ola Lusografia. Grazas pola túa colaboración.

É moi difícil encontrar unha imaxe no dominio libre en Internet. Eu creo que a imaxe do título está no dominio libre, pero non as teño todas comigo. Considera que tódalas imaxes subidas a Commons teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial.

Fixen dúas variacións obrigadas nos datos da imaxe. Engadín o enderezo exacto á paxina web (sen el sería borrada a imaxe) e mudei a licenza GFDL por GPL que é a que ten a páxina de AGAL.

Non dubides contactar comigo cando desexes, especialmente se tes algunha dificultade. Un cordial saúdo --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 22:56, 19 May 2008 (UTC)[reply]

Problema coas imaxes[edit]

Image:CPLP.png, Image:AAGP.jpg e Image:MDL.png no apartado "source" están incompletas. Se as imaxes proceden dunha páxina web, debes colocar ligazón exacta a esa páxina. A páxina debe ter ou expresar a licenza coa que se sobe a imaxe a Commons.

Ademais, na licenza dis que son imaxes pintadas por ti, que ti es o autor das mesmas. É certo? Quizais deberas ler Commons:Obras derivadas.

Vou marcar as imaxes coa etiqueta sen orixe e, se teño tempo, eu mesmo buscarei a orixe e verei se é correcta ou non a licenza

Un cordial saúdo--.--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 07:26, 20 May 2008 (UTC)[reply]

Borrei estas imaxes por copyvio. A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright. Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explícitamente que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

A orixe das imaxes: http://lusografia.org/amizadegp/index.htm e http://www.mdl-galiza.org/ .Nesas páxinsa non se indica copyright. Un cordial saúdo--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 11:21, 21 May 2008 (UTC)[reply]

Explicación[edit]

Expliqueiche máis arriba o problema: Tódalas obras subidas a Commons teñen que permitir as obras derivadas e o uso comercial. A lexislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna) indica que non é preciso ningún requisito para que calquera obra teña copyright (se unha obra ten copyright non permite as obras derivadas e o uso comercial). Polo tanto só se poden subir fotos daqueles lugares que indiquen explicitamente que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.

En conclusión, para que esas imaxes poidan subirse a Commons ou ás wikipedias, nas páxinas de orixe ten que indicarse a licenza que teñen, e ten que ser unha licenza que permita as obras derivadas e o uso comercial (GFDL, GPL, PD, cc-by-sa-2.5-es,...)

No caso da imaxe Image:Agal.jpg non creo que vaia ser borrada, pois a páxina de orixe é GPL (unha licenza que vin moi poucas veces) e en Commons pódense etiquetar imaxes con esa licenza xa que permite as obras derivadas e o uso comercial.

O caso Image:CPLP.png é máis complexo: É obrigado colocar unha orixe (no apartado "souce") que permita comprobar a licenza. Procurei esa imaxe na web correpondente e non dei exactamente con esa imaxe, mais si cunha outra que podería ser ben a orixe desa ou unha obra derivada desa. O caso é que a imaxe coa que dei (sen as cores das bandeiras) ten copyright, pois a páxina non di estar no dominio libre e, polo tanto, Image:CPLP.png tamén pode ter copyright se é que é unha obra derivada. Para que esa imaxe se poida manter, fai falla que apareza a orixe concreta da mesma no apartado "source" e que nesa orixe se indique unha licenza que permita as obras derivadas e o uso comercial. No caso de que sexa unha obra derivada, no apartado "source" debería poñer que é unha obra derivada e a ligazón á imaxe orixinal, imaxe orixinal que debe estar no dominio libre (permitir obras derivadas e uso comercial) pois as obras derivadas teñen o mesmo copyright cás orixinais.

Doume conta da complicación que ten todo isto. Espero que entendas que nada disto é decisión miña, a lexislación é así e Commons ou as Wikipedias (a inglesa é diferente pois a lexislación en EEUU é diferente) tamén o son. Neste sentido, esas imaxes probablemente sexan admisibles na Wikipedia inglesa, pois permite fair use, pero Commons e as máis das wikipedias, entre elas a galega, non o permiten.

Solicítame as aclaracións que vexas precisas. Un cordial saúdo--Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 17:57, 22 May 2008 (UTC)[reply]