User:Prevert/Primeiros pasos/Transferencia de ficheiros e ferramentas

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
Primeiros pasos/Transferencia de ficheiros e ferramentas noutras linguas: Template:Lang-fs/FileTransferAndTools
Primeiro contacto
Recomendacións
Uso dos ficheiros


Como facer o trabalo en Wikimedia Commons máis eficiente

Transferir ficheiros desde outros proxectos[edit]

Os ficheiros almacenados en Commons poden usarse en todos os proxectos Wikimedia, é unha boa idea comezar transferindo ficheiros libres de dereitos procedentes doutros proxectos.

Un erro común cando se cargan imaxes doutro proxecto Wikimedia en Commons é copiar unha versión a escala, é dicir unha miniatura (thumbnail). O software MediaWiki permite aos usuarios inserir nos artigos versións en miniatura das imaxes engadindo o parámetro thumb ao enlace da imaxe. Cando se consulta o artigo só se ve a versión a escala. Se os usuarios gardan a imaxe da versión a escala, farase cun tamaño e calidade reducidos con respecto ao tamaño orixinal. O númeo de píxeles horizontais engádese ao nome do ficheiro, cun nome semellante a este exemplo “150px-examplo.png”.

  1. Volva atrás á fonte orixinal (que debe indicarse na páxina de descrición da imaxe).
  2. Prema na versión reducida para acceder á versión de calidade superior.
  3. Garde e cargue a versión de calidade superior.
  4. Despois de facelo marque a versión en miniatura con {{Redundant}} e suministre a carón do marcador unha ligazón á versión de maior tamaño.

Se vostede obtén as imaxes doutro porxecto Wikimedia diga de cal (por exemplo, “Galipedia, a wikipedia en galego”), o autor alí, e o nome orixinal. Así mesmo para transferir os ficheiros dapor favor siga as directrices de Wikipedia's Moving images to the Commons. En particular aquelas referidas a non transferir imaxes con restricións ao uso comercial ou Fair use images. Serán borradas inmediatamente sen aviso previo e non deben cargarse outra vez.

Se ten dúbidas en canto as condicións de licenza de certo ficheiro multimedia pregunte en Commons talk:Licensing para clarexalo.

Ferramentas adicionais[edit]

Ferramenta de carga masiva de imaxes Commonist

Para algunhas tarefas especiais como a carga masiva de imaxes en Wikimedia Commons hai software adicional dispoñible. O software baseado en Java como Commonist serve para o caso de carregar grandes cantidades de imaxes. Olle as páxinas Ferramentas e Integración de ferramentas para facer o seu traballo diario en Wikimedia Commons sinxelo.

Recomendase utilizar calquera navegador excepto Internet Explorer. Para calquera sistema operativo hai unha ampla gama de navegadores dispoñibles como Firefox, Konqueror, Opera and Safari. Internet Explorer carece de importantes opcións como a navegación por lapelas, que fai o traballo en Wikimedia Commons moito máis fácil. Internet Explorer tamén ten graves bugs como o bug infame da transparencia PNG. En particular o bug da transparencia afecta á calidade das contribucións aquí (xunto a erros de visualización), a transparencia úsase moi a miúdo nas imaxes de Wikimedia Commons e pode cometer erros ao modificar ou crear ficheiros se non pode velos correctamente. Por favor non utilice Internet Explorer sempre que sexa posible.

Véxase tamén[edit]

Outras páxinas de Commons:

Páxinas da Wikipedia: