Galician subtitles for clip: File:WalesAnniversaryAddress.ogv

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
1 00:00:07,000 --> 00:00:10,500 Ola a todos e benvidos ó décimo aniversario da Wikipedia.

2 00:00:10,510 --> 00:00:15,400 É un día moi emocionante para todos os membros da comunidade en todo o mundo.

3 00:00:15,410 --> 00:00:18,400 Ultimamente estiven adicando bastante tempo a pensar na historia da Wikipedia,

4 00:00:18,410 --> 00:00:23,200 de onde vimos e todo o que atravesamos para chegar a onde estamos hoxe.

5 00:00:23,210 --> 00:00:28,100 Lembro a primeira vez que editei a Wikipedia,

6 00:00:28,100 --> 00:00:30,100 que foi o primeiro día que existiu a Wikipedia,

7 00:00:30,100 --> 00:00:32,700 e eu premín en "editar", e escribín "Hello, world!",

8 00:00:32,750 --> 00:00:35,500 e logo gardeino e esas foron as primeiras palabras na Wikipedia.

9 00:00:35,600 --> 00:00:38,800 E penso sobre o que estaba por vir e como eu o descoñecía totalmente,

10 00:00:38,900 --> 00:00:42,400 pero co pasar dos anos tivemos unha boa morea de boas experiencias.

11 00:00:42,500 --> 00:00:46,200 Tiven a oportunidade de viaxar arredor do mundo e reunirme con moitos de vós en persoa.

12 00:00:46,300 --> 00:00:49,950 Lembro... moitas cousas véñenme á mente.

13 00:00:50,050 --> 00:00:57,300 Lembro a primeira xuntanza para a Fundación Wikimedia, cando me reunín en París con Florence,

14 00:00:57,400 --> 00:01:00,800 da Wikipedia francesa, e Angela, da Wikipedia inglesa, os primeiros membros da comisión,

15 00:01:00,900 --> 00:01:05,000 e tivemos unha xuntanza para comezar a discutir a creación da Fundación,

16 00:01:05,050 --> 00:01:08,800 como obteriamos os cartos para facer andar este proxecto, como poderiamos crecer 

17 00:01:08,800 --> 00:01:09,900 e como sería o futuro.

18 00:01:10,000 --> 00:01:15,800 Lémbrome sentado á beira do río en Berlín, con wikipedistas alemáns,

19 00:01:15,900 --> 00:01:21,400 esperando que fose escrito o artigo número cen mil,

20 00:01:21,500 --> 00:01:24,800 así que sentamos fora e estivemos actualizando as páxinas dos nosos ordenadores para velo

21 00:01:25,000 --> 00:01:27,100 "Oh, van noventa e nove mil novecentas noventa e sete".

22 00:01:27,200 --> 00:01:30,500 Supoño que todas as Wikipedias pasan por este proceso de identificación de fitos, que resulta excitante,

23 00:01:30,600 --> 00:01:34,500 que nos aproxima e, por suposto, unha vez acadados os cen mil

24 00:01:34,600 --> 00:01:37,400 espertou a gran discusión sobre que artigo foi realmente o número cen mil,

25 00:01:37,500 --> 00:01:39,700 outro gran pasatempo dos wikipedistas.

26 00:01:39,800 --> 00:01:46,600 Ó longo dos anos tiven moitas oportunidades de moverme ó longo do planeta, estiven con wikipedistas na India,

27 00:01:46,700 --> 00:01:53,700 na China, en Sudamérica, en realmente todos os lugares do mundo, e a medida que viaxaba polo mundo e falaba coa xente

28 00:01:53,800 --> 00:01:57,500 unha das preguntas máis frecuentes que me fixeron os grupos de Wikimedia foi 

29 00:01:57,600 --> 00:02:01,500 "Como nos ves en comparación con outros wikipedistas do mundo,

30 00:02:01,600 --> 00:02:04,500 que nos diferencia dos wikipedistas do Brasil, por exemplo?"

31 00:02:04,600 --> 00:02:06,600 E todo o que lles podo dicir é "Non hai grandes diferenzas".

32 00:02:06,700 --> 00:02:10,800 Polo que se ve, facemos o esforzo por formarmos parte do mesmo en todo o mundo,

33 00:02:10,900 --> 00:02:13,500 aínda que veñamos de moi diferentes culturas

34 00:02:13,600 --> 00:02:18,500 e sexamos moi distintos como persoas, pero tamén partillamos as mesmas experiencias

35 00:02:18,600 --> 00:02:20,700 que temos vivido sobre as mesmas cousas.

36 00:02:20,800 --> 00:02:23,900 Creo que todo o mundo reverteu o mesmo tipo de vandalismo.

37 00:02:24,000 --> 00:02:25,500 Non importa en que idioma esteas traballando,

38 00:02:25,500 --> 00:02:30,500 non importa se a túa wiki ten cincocentos artigos ou cincocentos mil

39 00:02:30,600 --> 00:02:34,000 ou tres millóns, sempre hai alguén que aparece

40 00:02:34,000 --> 00:02:39,500 e substitúe todo un artigo estupendo por dúas palabras groseiras ou algo así.

41 00:02:39,600 --> 00:02:42,700 E, por suposto, ti revértelo e bloqueas a ese vándalo e a calquera outro.

42 00:02:42,800 --> 00:02:46,600 Iso é parte do que significa ser wikipedista, todos nós tivemos conversacións realmente interesantes

43 00:02:46,600 --> 00:02:46,800 sobre os convenios para nomear ás cousas,

44 00:02:46,800 --> 00:02:53,200 como chamar a un río de Polonia, como imos chamar a isto,

45 00:02:53,300 --> 00:02:56,300 como imos chamar a estoutro, cales controversias temos que deixar de lado

46 00:02:56,300 --> 00:02:58,400 e cales nos van facer avanzar.

47 00:02:58,500 --> 00:03:02,500 Así que ó longo do mundo teño atopado sempre o mesmo tipo de persoa facendo o mesmo tipo de traballo,

48 00:03:02,600 --> 00:03:07,500 porque compartimos as mesmas experiencias. E tamén compartimos os mesmos valores, os mesmos ideais,

49 00:03:07,500 --> 00:03:12,600 as cousas polas que estamos traballando: unha enciclopedia libre para cada persoa do planeta,

50 00:03:12,700 --> 00:03:15,900 escrita por persoas intelixentes, que intentan ser neutrais

51 00:03:16,000 --> 00:03:19,800 que intentan ser honradas, que intentan ofrecer información libre.

52 00:03:19,900 --> 00:03:23,800 Isto é para min tan emocionante hoxe como o era nos primeiros días, cando comecei.

53 00:03:23,800 --> 00:03:25,500 Aínda temos un duro traballo por facer.

54 00:03:25,600 --> 00:03:28,800 Hoxe é un gran momento para reflexionar sobre onde temos estado,

55 00:03:28,800 --> 00:03:32,800 para pensar sobre onde queremos chegar e, uou!, non sei 

56 00:03:32,900 --> 00:03:33,500 se se nota o emocionante que isto é para min.

57 00:03:33,600 --> 00:03:37,800 Só quero dicir: Moitas grazas por todo o traballo que tes feito,

58 00:03:37,900 --> 00:03:42,700 moitas grazas por vires aquí hoxe a encontrarte con outras persoas.

59 00:03:42,800 --> 00:03:48,600 Pídoche un favor: busca a alguén entre os asistentes co que nunca falaras en persoa,

60 00:03:48,600 --> 00:03:50,100 preséntate e dille:

61 00:03:50,100 --> 00:03:52,200 "Ola, que che gustaría editar?"

62 00:03:52,300 --> 00:03:54,500 Imos construír esta comunidade,

63 00:03:54,500 --> 00:03:56,700 está composta dun fato de amigos que fan algo útil.

64 00:03:56,800 --> 00:04:01,900 Por tanto, grazas de novo e feliz aniversario da Wikipedia.

65 00:04:03,200 --> 00:04:12,900 Wikipedia, 10 anos compartindo a suma de todo o coñecemento.