MediaWiki:Uploadtext/glfromwikimedia

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
Este formulario serve para cargar obras que orixinalmente foron enviadas a outros proxectos da Wikimedia. Para cargar obras doutras orixes, por favor, utilice o formulario correspondente.

Use a ferramenta CommonsHelper para transferir imaxes de maneira doada dende outros proxectos da Wikimedia (Wikipedia, Wikibooks, Wikinews, etc.) a Commons. Encha os detalles para obter unha descrición que pode copiar e pegar na caixa de embaixo.

Fair use non Commons NON PERMITE O USO LEXÍTIMO (FAIR USE). As imaxes con fair use da Wikipedia en inglés, e doutros proxecto que o permiten, NON deben ser transferidas aquí.
Información da orixe Por favor, evalúe a validez do argumento da persoa que cargou o ficheiro. As imaxes que non teñan unha información clara e creíble NON deberían ser transferidas (obteña primeiro unha información clara da súa orixe).
Cargar a resolución máxima Para as imaxes, asegúrese de que gardou a versión do ficheiro orixinal e de máxima resolución. Se o nome do ficheiro que gardou no seu computador comeza por algo como "300px-", quere dicir que non obteu a versión de máxima resolución.
Nome descritivo Se o ficheiro orixinal ten un nome que non o describe ben (especialmente se é un nome que lle deu a cámara por defecto), é o momento de melloralo. Isto reduce a probabilidade de que haxa coincidencias nos nomes de varias imaxes e permite que atopar os contidos multimendia sexa máis doado.
Ligazón cara á orixinal Ligue sempre cara á páxina da imaxe orixinal como orixe da que vai cargar. Necesitamos estar seguros de que o material multimedia de aquí ten verdadeiramente unha licenza libre, polo que, se non proporciona esta ligazón, posiblemente teremos que borrar o ficheiro de Commons.
Engadir categorías Por favor, engádalle categorías á imaxe. As categorías axudan a facer que a obra sexa máis accesible en Commons permitindo a outros que a atopen rapidamente para usala.

Etiquetas de licenza:

{{GFDL-self}} debería converterse en {{GFDL-user-w|código do proxecto|nome do proxecto|nome do usuario}}

  • código do proxecto: por exemplo, "de" (por omisión está a Wikipedia) ou "ja:wiktionary"
  • nome do proxecto: nome do proxecto correspondente ao código de enriba; por exemplo, "Wikipedia en alemán", "Wiktionary en xaponés"
  • nome do usuario: nome do usuario que cargou a imaxe oxirinalmente

Os mesmos parámetros de {{PD-self}} deberían ser convertidos en {{PD-user-w|código do proxecto|nome do proxecto|nome do usuario}}.

Se está a transferir un ficheiro da Wikipedia inglesa sexa moi coidadoso cos ficheiros coa etiqueta {{PD-US}}. Commons permite a etiqueta {{PD-US}} para as obras dos EE.UU. Se a que vai cargar non o é (por exemplo, porque foi publicada primeiro onde fose ou porque o autor non era estadounidense e non vivía nos EE.UU.), cargue a obra só se o seu autor morreu hai máis de 70 anos. Se é así, marque o ficheiro coa etiqueta {{PD-old}}.

Copie, pegue e encha isto na caixa de descrición con todos os detalles:
{{Information
|Description=
|Source=
|Date=
|Author=
|other_versions=
}}