MediaWiki:Captchahelp-text/gl

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

Česky | Deutsch | English | Español | Français | Galego | Italiano | Magyar | 日本語 | Nederlands | Plattdüütsch | Occitan | Slovensko | 简体中文 | 正體中文 | +/−

CAPTCHA (acrónimo de "Completely Automated Public Turing test to tell Computers and Humans Apart") é un test de autentificación do tipo desafío-resposta usado nos contornos informáticos para distinguir usuarios humanos de máquinas.

Os sitios web que aceptan publicar as contribucións dos usuarios coma este wiki sufren, con frecuencia, o abuso por parte de spammers que usan ferramentas que automatizan a inclusión de lixo en forma de enlaces publicitarios nunha chea páxinas en pouco tempo. Mentres ditas ligazóns non son eliminadas supoñen unha molestia e unha perda de tempo.

En ocasións, en particular cando engada algún novo vínculo externo, o wiki pode mostrar unha imaxe dun texto coloreado e distorsionado e pedíralle que teclee as palabras mostradas. Como esta tarefa é difícil de automatizar permite distinguir entre persoas e robots, e dificulta os ataques automatizados dos spammers.

Por desgraza pode causar problemas a aqueles usuarios con dificultades de visión, ou os que utilicen navegadores de texto ou navegadores baseados en sistemas de voz. Polo de agora non dispoñemos dunha alternativa de audio. Por favor contacte cun administrador do wiki para solicitar axuda se o sistema lle impide rexistrase para facer contribucións lexítimas. (Pode atopalos clasificados segundo a súa lingua nativa).

Prema no botón 'atrás' ou equivalente do seu navegador para volver á páxina na que estaba.