Commons:Transición a SVG (gl)

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
Esta páxina noutros idiomas: +/−

Recentemente, o software MediaWiki utilizado nos wikis do proxecto Wikimedia mellorouse para soportar gráficos vectoriais (SVG).

Vantaxes do formato SVG:

  1. Non é un formato de imaxes baseado en píxeles polo que require menos espazo de almacenamento e as imaxes pódense redimensionar a calquera tamaño sen perda de calidade.
  2. SVG é unha opción mellor para a edición Wiki porque ao contrario das imaxes raster (aquelas baseadas en píxeles) é bastante máis sinxelo editar SVGs.

Desvantaxes do formato SVG:

  1. As imaxes SVG requiren moitos máis recursos do servidor para xerar unha vista que os formatos baseados en píxeles.
  2. Problemas con imaxes SVG de pobre calidade técnica tamén causan en ocasións problemas máis serios que noutros casos e teñense establecido límites no tempo de renderizado do SVG para tratar de limitar os danos.

Incluso coas desvantaxes do SVG, é bo promocionar o uso de formatos de imaxe sen pérdidas, polo tanto resulta adecuado proporcionar alternativas SVG e animar aos colaboradores a úsalas.

Debido a que as bandeiras son ampliamente utilizadas en tódolos proxectos de Wikimedia, en primer lugar teñen que ser substituídas pola versión SVG. Polo tanto, básicamente, débense seguir os seguintes pasos:

  1. Comprobar as políticas do proxecto onde queira trocar a imaxe. Sen facelo non debe facer mudanzas alí. As políticas do proxecto son as que hai que considerar cando hai unha contradición coas preferidas aquí. Se non hai directrices ao respecto ou non as atopa pregunte primeiro! Wikinews é un dos proxectos que non queren isto, en parte porque necesitan un completo e exacto rexistro do historial de cambios!
  2. Ir a Category:Flags, elixir calquera das bandeiras do teu país/estado/comunidad/cidade/municipio etc. e mirar se existe o seu equivalente na versión SVG en Commons.
  3. Se non existe, ir a http://www.openclipart.org/ ou crear unha versión SVG propia da bandeira (por exemplo con Inkscape) e subila a Wikimedia Commons.
  4. Marque a páxina de descripción da versión pixelada cunha nota que explique que existe unha versión SVG e márquea con {{SupersededSVG}} se está seguro de que a versión SVG é superior en tódolos sentidos.
  5. Engade un comentario á versión non SVG suxerindo á xente que use a versión SVG se lles é práctico. Délle á xente tempo para facelo se queren; varios meses, porque tárdase moito tempo en descubrir e decidir.
  6. Vaia a Special:GlobalUsage e buscar o uso da versión pixelada. Empezando polo teu proxecto, cambiar o enlace da imaxe á versión en SVG e solicitar axuda para que os demáis usuarios do proxecto colaboren tamén nos cambios.
  7. Se se está seguro de que a anterior versión pixelada non está sendo utilizada en ningún proxecto, un administrador pode borrala, aínda que esta medida non se debe poñer en práctica ata transcurrido o suficiente prazo de tempo para que todos os proxectos efectuaran o cambio.

Bots[edit]

Os múltiples m:bots que se executan nos wikis son moi aptos para esta tarea e os operadores de bots tenden a unirse con entusiasmo para axudar e amosar o que sus "monstros" saben facer. Asegúrate de que pones unha mensaxe na Taberna de cada proxecto para pedir a axuda do bot que esté dispoñible. Tamén moitos, se non todos, os operadores de bots adoitan ler esta lista de correo e a túa petición pode ser especialmente efectiva alí. Un bot adoita tardar, dependendo de moitos factores, dende unas cantas horas a quizáis un día en recorrer toda una Wikipedia sustituíndo imaxes; o que a una persona costaríalle anos e acabaría dun humor de cans.

Por favor recorde que un bot cómpre dun permiso específico en cada proxecto no que opera e que ese permiso debe serlle dado por cada tarea que o bot realize. Non hai permiso que se aplique a tódolos proxectos e usos dun bot. Operar un bot en todos os proxectos probablemente conduza a que o bot e/ou o operador sexan bloquedados en todos os proxectos como medida de emerxencia se non actúa de acordo coas políticas dos wikis nos que se estea usando!

Notas[edit]

Houbo suxerencias sobre a substitución de imaxes PNG por imaxes de calidade inferior SVG, ou incluso incorrectas. Especialmenta a última non é aceptable para un proxecto tipo enciclopedia. Asegúrese de que a calidad da imaxen reemplazada é igual ou superior á da imaxe a reemplazar, antes de marcala como redundante.

Aínda que estivese dispoñible a mudanza en masa das versións PNGs ás versións SVGs, iso non é recomendable. É suficiente con marcar na páxina de descrición da imaxe co marcador {{Vector version available}}, e a imaxe trocárase pola verisón SVG naqueles casos que os editores consideren apropiados.

Vexa tamén[edit]