User talk:Ixosemanuel

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search
Welcome to Wikimedia Commons, Ixosemanuel!

-- Wikimedia Commons Welcome (talk) 09:16, 28 November 2018 (UTC)[reply]

RE:Cambiar foto

[edit]

Boas Ixosemanuel, primeiro desculparme pola tardanza na resposta, estes días estiven enleado. Sobre a foto, gustaríame facer o cambio porque a imaxe é mellor que a que hai no artigo, porén antes de facelo temos que asegurarnos de que a licenza é correcta e ten os dereitos de autor liberados. O problema é que buscando a foto en Internet aparece en varias webs que teñen tódolos dereitos reservados polo que, en principio, a foto non está liberada. Tal e como está agora en Commons, coa información que hai nesa páxina e coas referencias que hai en Internet é de borrado rápido xa que non cumpre as condicións de licenza de Commons, pero eu polo momento vouna deixar para ver se podemos aclarar a situación e ver se pode amañarse a licenza.

Vexo no ficheiro que se indica que o autor é "BNG de Narón", e que esa é a fonte da imaxe. Hai que comezar por aí, acabo de atopala nesa web, o problema é que non atopo a licenza dos contidos e neses casos o que se fai é asumir que todo ten dereitos de autor. Aí é onde hai que resolver o problema, hai que indicar dalgún xeito que esa foto ten unha licenza libre compatible coa de Commons, eu aconsello a CC-BY-SA, para que todo o mundo poida verificar que a licenza é correcta.

Entendo que ti tes relación coa xente do BNG de Narón así que che comento cales son as posibles solucións:

  • no sitio web do BNG de Narón podería poñerse nalgún sitio que esa foto ten licenza CC-BY-SA, podería facerse engadindo unha nota final a este artigo, por exemplo. Se ó final do artigo poñen unha nota que diga algo semellante a "A foto de Olaia Ledo contida neste artigo ten unha licenza CC-BY-SA.", xa bastaría. Logo o único que teríamos que facer sería poñer esa ligazón no ficheiro que subiches no apartado "source", para que todo o mundo que quixese puidera comprobar a licenza nesa páxina.
  • que algún responsable do sitio web do BNG de Narón dese o permiso sobre esa foto enviando un correo electrónico ó sistema OTRS de Commons. Para facer isto teñen as instrucións en Commons:OTRS/gl, e tamén teñen un asistente para crear correctamente ese correo electrónico nesta ligazón.

Eu optaría pola primeira opción, é a máis sinxela e a máis rápida.

Ah, e acabo de ver que no ficheiro puxeches de licenza "cc-zero", se queren que o ficheiro teña esa licenza entón no que che comento arriba hai que cambiar os CC-BY-SA por CC-ZERO. Se tes calquera dúbida, pregúntame o que precises. Saúdos, Elisardojm (talk) 09:42, 2 December 2018 (UTC)[reply]

Amañei a fonte do ficheiro de Commons para que ligue á páxina do BNG de Narón e cambiei a foto no artigo, grazas pola súa colaboración. Saúdos, --Elisardojm (talk) 13:37, 3 December 2018 (UTC)[reply]