User:CEIP López Ferreiro
O CEIP López Ferreiro é un colexio urbano pertencente á rede pública de colexios da Xunta de Galicia, situado na zona antiga de Compostela, concretamente entre a Avda. Xoán XXIII e a Rúa Xasmíns. A súa zona de influencia é a zona vella de Santiago mais recibe alumnado de toda a cidade e de localidades e concellos limítrofes. Os seus inicios datan do ano 1849, no que se creou por Real Decreto a Escola Normal Superior da Universidade Literaria de Santiago de Compostela, que comezou a súa andaina no Colexio de San Xerome, na Praza do Obradoiro. O centro leva o nome do escritor e historiador galego Antonio López Ferreiro (Santiago de Compostela, 1837- Vedra, 1910). Actualmente, impártense clases de educación infantil (de 3 a 5 anos) e de educación primaria (de 6 a 12 anos). O CEIP López Ferreiro réxese polos principios de tolerancia, igualdade, solidariedade, inclusión, innovación e participación, facendo unha aposta específica polo uso da Lingua Galega.