1º paso. Que é o que se considera como a súa obra propia? E que non?
Fotografías ou vídeos que teña feito:
de paisaxes naturais, animais, plantas
personaxes públicos ou xente en eventos públicos
obxectos cotiáns sen carácter artístico (ferramentas, etc.)
Gráficos, mapas, diagramas ou ficheiros sonoros creados totalmente por vostede.
As obras que inclúan outras obras protexidas (obra derivada) non están permitidas:
Capturas de pantalla de emisións de televisión, películas ou programas informáticos.
Fotografías de obras de arte, de estatuas, de embalaxes comerciais e de xoguetes actuais.
Debuxos de personaxes de televisión, de bandas deseñadas ou de películas, aínda que os debuxara vostede mesmo/a.
2º paso. Axude a que outros atopen o seu ficheiro. (Commons ten millóns de ficheiros)
Encha o campo "Nome" cun nome descritivo co cal o ficheiro será rexistrado. Por favor, non utilice os nomes por defecto da súa cámara de fotos (img_3452.jpg, etc.)!
Use a caixa de información da dereita.
Escriba unha descrición concisa e precisa da obra que publica. Así axuda á xente que queira recuperar a súa obra para usala.
Utilice a ferramenta CommonSense para atopar as categorías apropiadas.
Considere proporcionar os datos xeográficos relativos á súa imaxe; vexa Commons:Geocoding (en inglés) para máis información.
Copie, pegue e encha isto na caixa de descrición con todos os detalles:
Encha o campo "Nome" cun nome descritivo co cal o ficheiro será rexistrado. Por favor, non utilice os nomes por defecto da súa cámara de fotos (img_3452.jpg, etc.)!
Escriba unha descrición concisa e precisa da obra que publica. Así axuda á xente que queira recuperar a súa obra para usala.
Utilice a ferramenta CommonSense para atopar as categorías apropiadas.
Considere proporcionar os datos xeográficos relativos á súa imaxe; vexa Commons:Geocoding (en inglés) para máis información.
Se xa ten preparado un modelo como {{información}} (ou similar) para copiar/pegar, use o formulario de carga básico. Para usar sempre o antigo formulario de carga básico, seleccione "Use o formulario vello de carga de imaxes." na lapela "Trebellos" das súas preferencias.
3º Paso. Escolla unha licenza libre para a súa obra.
Ao publicar a súa obra en Commons ofrécea ao mundo baixo unha licenza libre que permite a cada un utilizar, modificar e redistribuír a súa obra para calquera propósito. Esta doazón é irrevogable. Vostede seguirá como titular dos dereitos de autor da súa obra, sen prexuízo de que todas as obras publicadas en Commons ofrecen polo menos estes dereitos aos usuarios. Para máis detalles sobre os fins non lucrativos da Fundación Wikimedia, visite o sitio web da Fundación.
Commons dá a posibilidade de utilizar varias licenzas simultaneamente. Principalmente distínguense polos créditos ao autor esixidos e pola presenza de cláusulas que esixen que os traballos posteriores baseados na súa obra sexan postos baixo a mesma licenza.
Escolla unha licenza do menú desplegable ou escríbaa a man na caixa de descrición.
Coñecer os dereitos que concede é a súa responsabilidade.
Hai unha completa información sobre licenzas en Commons:Licenzas.
Start a discussion about MediaWiki:Uploadtext/glownwork
Talk pages are where people discuss how to make content on Wikimedia Commons the best that it can be. You can use this page to start a discussion with others about how to improve MediaWiki:Uploadtext/glownwork.