File:Papaventos na praia do Rostro 7, 5 xaneiro 2013.jpg

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

Original file(2,048 × 1,536 pixels, file size: 1.71 MB, MIME type: image/jpeg)

Captions

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents

Summary

[edit]
Description
Galego: PROXECTO: ACCIÓN PAPAVENTOS NA COSTA GALEGA 13 DE NOVEMBRO.

Descrición e lugar de localización da acción

O proxecto "13 de novembro" consiste en realizar unha acción onde se marcará, a partir do voo de papaventos, a zona máis afectada pola marea negra do Prestige na costa de Galiza o 13 de novembro do 2002.

A acción reducirase ás principais praias da Costa da Morte, que foi o territorio máis afectado polo alcatrán. Abranguerá dende Cabo Fisterra ata Cabo San Adrián, arredor duns 75 km de lonxitude bordeando o límite da costa.

En cada praia colocaranse unha cantidade concreta de papaventos (aínda a definir) de 4 m² con liñas de 10 m cada unha conseguindo que debuxen unha liña en movemento sobre o límite xeomórfico desta costa. En total seran, mínimo, 80 papaventos, polo que serán necesárias oitenta persoas, cada unha delas voará un papavento. Tamén se precisan persoas que axuden ao lanzamento dos mesmos.

Características dos papaventos.

O deseño do papavento "13 de novembro", é un deseño baseado na á flexible do enxeñeiro Francis Rogallo para a Nasa, onde se teñen eliminado as 36 bridas dándolle, sobre un novo deseño, a forma elíptica á propia superficie da vela.

Os papaventos están construídos de tea de poliéster fina,material derivado do petróleo e a súa forma elíptica, recorda as galletas de chapapote que se foron estendendo enriba da superficie da costa, procedente do derramo de fuel do Prestige.

Son de tipo tracción e son velas de grande anchura, son autohinchabels e teñen un gran poder de tracción cara ó que o manexa.

Análisis conceptual e obxectivos da acción.

O vento característico da costa de Galicia é o principal protagonista da acción e para visualizalo dalgún xeito se recolle na propia forma dos papaventos que toman a dirección que lles dá o vento.

O vento é unha acción natural incontrolable, os papaventos nun principio non o son, polo tanto, a persoa que voa o papavento realiza un xogo de forzas entre a natureza e ela mesma. Controlar o papavento significa dalgún xeito controlar estas forzas da natureza, neste caso o movemento en masa do aire, ou sexa o vento; tamén inflúe a escala espacial, a velocidade e a súa forza. O papavento marca, sinala e representa unha pequena parte de cada un destes efectos.

O caso das consecuencias do afundimento do petroleiro Prestige, o da vertedura de fuel no mar e a súa chegada á costa en forma de galletas de alcatrán por unha parte e os voluntarios de limpeza e a forza do mar por outra, ademais do tamaño dunha superficie (o mar) incontrolable debido á forza das ondas impulsadas polo vento; son consecuencia clara da loita entre o home (coas súas máquinas) e a natureza.

Polo tanto a acción representa a loita con/contra as condicións climatolóxicas, a resistencia do humano ao vento/tempo/clima. A acción recollerá varios matices porque o vento terá unha forza desigual en diferentes lugares da costa e as persoas tamén terán desigual resistencia ante a forza de tracción dos papaventos.

A dificultade que leva consigo a cada persoa a acción é directamente comparable ás duras condicións de recollida de alcatrán nas praias, rochas e acantilados que sufriron tódalas persoas que dalgunha maneira contribuiron a limpeza do fuel.

Reduciuse o espazo de costa afectada polo chapapote ás praias da Costa da Morte porque vai ser o primeiro lugar afectado pola marea negra do Prestige xa que o barco acabou afundido a 250 km desta costa, que é a zona situada na parte máis occidental de Galiza.

Os papaventos preséntanse aquí como esculturas móbiles e xeradoras de espazo, na súa condición de marcar e atrapar dito espazo.
Date
Source https://www.flickr.com/photos/certo/8354698411/
Author xornalcerto
Camera location42° 57′ 43″ N, 9° 16′ 00″ W Kartographer map based on OpenStreetMap.View this and other nearby images on: OpenStreetMapinfo

Licensing

[edit]
This image was originally posted to Flickr. Its license was verified as "cc-by-sa-2.0" by the UploadWizard Extension at the time it was transferred to Commons. See the license information for further details.
w:en:Creative Commons
attribution share alike
This file is licensed under the Creative Commons Attribution-Share Alike 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.
  • share alike – If you remix, transform, or build upon the material, you must distribute your contributions under the same or compatible license as the original.

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeThumbnailDimensionsUserComment
current12:02, 11 January 2013Thumbnail for version as of 12:02, 11 January 20132,048 × 1,536 (1.71 MB)Elisardojm (talk | contribs)User created page with UploadWizard

Metadata