User talk:JMoldes
No titorial primeiros pasos e nas preguntas frecuentes pode atopar moita información de axuda logo de rexistrase. Explícase como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos da política de licenzas. Non necesita coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímese a contribuír aquí e presupoña boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki - é realmente fácil contribuír. Hai máis información dispoñible no Portal da comunidade. Pode pórse en contacto co resto dos usuarios galegofalantes na Taberna ou cos usuarios internacionais no canal de IRC #wikimedia-commons. Tamén pode contactar cos administradores na súa páxina de discusión. Se ten algunha pregunta específica sobre o copyright, formúlea en Commons talk:Licensing. |
| |
(P.S. Por favor pode responder a esta mensaxe no espazo común para que saibamos que ten a información que precisa?) |
Platonides 19:31, 4 November 2006 (UTC)
Problema coas túas imaxes
[edit]Para contactar comigo |
Para contactar comigo, fai click na |
Ola Jmoldes, grazas por contribuíres tamén aquí subindo imaxes. Así a todo, e inda que lles colocaches unha licenza adecuada, que indica que as imaxes son realixadas por ti (non teño plena seguridade de qe iso sexa certo), as imaxes poderían ser marcadas para ser borradas por lles faltar un dato: a orixe.
A orixe, ou "source" (en inglés) indica de onde proveñen as imaxes. Por exemplo, se proviñesen dunha páxina web, habería que pór unha ligazón cara elas; se proviñesen dun libro, sería necesario citalo o máis pormenorizadamente posible (ISBN); se son feitas por ti, tes que expresalo escribindo nos datos das imaxes algo así como "eu son o autor (self made)"
En definitiva, os mesmos datos que escribín na túa páxina de discusión da Galipedia (http://gl.wikipedia.org/wiki/User_talk:Jmoldes) son válidos para Commons, polo que me remito a eles, inda que che acabo de facer un resumo.
Agradeceríache que me respondeses e que contases comigo se tes dificultades. Un cordial saúdo --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 00:43, 6 November 2006 (UTC)
Imaxes borradas
[edit]- Image:Cacheiras1.JPG por ser duplicado de Image:Cacheiras1.jpg
- Image:Cacheiras2.JPG por ser duplicado de Image:Cacheiras2.jpg
- Image:Cacheiras3.JPG e Image:Cacheiras3b.JPG por ser duplicado de Image:Cacheiras3.jpg.
Por favor, bótalle unha ollada á mensaxe anterior a esta. Un cordial saúdo --Lmbuga gl, pt, es: contacta comigo 17:29, 6 November 2006 (UTC)