File talk:Figueroa.png
O topónimo Figueroa é un topónimo deturpado e que non foi corrixido no Plano Xeral de Ordenación Municipal aprobado polo Concello de Abegondo nin actualizado na base de topónimos da Xunta de Galicia. Mais isto pódese comprobar facilmente olleando os topónimos galegos Figueiroa que existen (vd. http://gl.wikipedia.org/wiki/Figueiroa )e a propia incoherencia do Concello no seu uso (vd. http://www.abegondo.es/index.php?id=1213). Mesmo hai textos que confirman o uso habitual do topónimo, p.ex. 1) "Correspondencia europea a un arqueólogo galego: Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza (1915-1959), por Ángel Núñez Sobrino" http://www.usc.es/revistas/index.php/gallaecia/article/view/1119) ou 2) cantigas recollidas pola RAG no 1915 que mencionan a Figueiroa coa súa parroquia lindante de Sarandós (http://www.realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas_marcadas.do?id=844&text1=figueiroa&text2=). Como persoa nacida nese lugar, de ascendencia familiar alí de cando menos 5 xeracións, podo afirmar a veracidade de que ninguén emprega habitualmente 'Figueroa', senón 'Figueiroa'. Mgl.branco (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 13:24 (UTC)
- A Wikipedia non é unha fonte primaria. Os casos de diferentes versións ou contradición, entre fontes acreditadas publicadas, poden reflectirse, citándoas (xa se fixo), no artigo ou artigos correspondentes. Non é fonte acreditada, como se pretendeu, un cartel manipulado, nin tampouco a tradición oral (inédita). Porén, como topónimo oficial, guiámonos polo nomenclátor: [1]. Por tanto, para modificacións do topónimo oficial hai que dirixirse á Xunta de Galicia e non á Galipedia. Cando alí se recoñeza un nome diferente mudarase aquí, e non ó revés. --. HombreDHojalata.conversa 7 de agosto de 2013 ás 19:00 (UTC)
- Entendo ben o postulado, mais escribindo o comentario anterior só quixen deixar aquí constancia da miña opinión para os usuarios finais da wikipedia. Recoller o debate do topónimo é inevitable, e o cartel a forma máis visual de mostralo. Mgl.branco (conversa) 7 de agosto de 2013 ás 20:54 (UTC)
Start a discussion about File:Figueroa.png
Talk pages are where people discuss how to make content on Wikimedia Commons the best that it can be. You can use this page to start a discussion with others about how to improve File:Figueroa.png.