File:1986-Iglesia romanica de Santa Maria de Cambre (Coruña).jpg

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

Original file (1,378 × 1,184 pixels, file size: 578 KB, MIME type: image/jpeg)

Captions

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents

Summary

[edit]
Description
Galego: Igrexa de Santa María de Cambre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Igrexa de Santa María de Cambre é un templo de feitura románica, un dos mellores exemplos do coñecido como románico compostelán.

Pertencía á xurisdición da arquidiocese compostelá. Na Alta Idade Media, nun lugar coñecido como Calambre, fundouse un mosteiro familiar por parte do cabaleiro Alvito e as súas irmás Vestriberga e Urraca. O mosteiro foi doado ao de San Paio de Antealtares o 16 de agosto do ano 932.

A igrexa é o único que se conserva na actualidade do primitivo mosteiro. Foi construída a finais do século XII. Estrutúrase en planta de cruz latina con deambulatorio. Da igrexa destaca o emprego dunha mestura de solucións románicas e góticas cunha forte influencia do taller da Catedral Compostelá

A parte mellor conservada do conxunto é a cabeceira, composta pola capela maior e cinco capelas nos absidiolos. Nestes consérvanse as cornixas e abovedamentos orixinais. Na fachada salientar o uso non habitual no exterior de columnas pareadas. A portada enmarcase por contrafortes. No tímpano mostrase o Agnus Dei inserido nun clípeo en forma de vieira. Nas arquivoltas atopamos diversa decoración zoomórfica e antropomórfica coa mensaxe de denunciar ao mal. Na clave do tímpano Daniel representado entre vixiantes leóns rampantes. Nos capiteis representase a pesada das almas do xuízo fronte ao demo e a loita de San Miguel contra o dragón da apocalipse. A ambos lados da portada dous vanos con arcos de medio punto adornados con cinco arcos de ferradura no seu intradorso feitos a imaxe dos da Fachada de Praterías compostelá. Sobre a portada un tornachoivas soportado por canzorros con figuras de animais e antropomorfas. Por riba do tornachoivas un rosetón composto por unha celosía de círculos ao redor dun maior e enmarcada por molduras coa interior decorada con arquiños de ferradura. Remata a fachada unha espadana con dous nichos para as campás.

Dividida en tres naves compostas de catro tramos separados por piares compostos cruciformes. É de destacar a súa variada e abondosa decoración, chegando a contarse ata noventa e catro capiteis con ata trinta motivos ornamentais diferentes.

No interior conserva algunhas pezas de interese: Un capitel coa data de 1194 gravada nel, a pila coñecida como Hidria de Xerusalén, ou unha Virxe con neno en pedra de finais do século XII.
Date
Source https://www.flickr.com/photos/jlcernadas/5618701986/
Author Jose Luis Cernadas Iglesias
Camera location43° 17′ 31.14″ N, 8° 20′ 38.55″ W Kartographer map based on OpenStreetMap.View this and other nearby images on: OpenStreetMapinfo

Licensing

[edit]
w:en:Creative Commons
attribution
This file is licensed under the Creative Commons Attribution 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.
This image was originally posted to Flickr by jl.cernadas at https://flickr.com/photos/38035878@N07/5618701986. It was reviewed on 10 April 2021 by FlickreviewR 2 and was confirmed to be licensed under the terms of the cc-by-2.0.

10 April 2021

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeThumbnailDimensionsUserComment
current14:52, 10 April 2021Thumbnail for version as of 14:52, 10 April 20211,378 × 1,184 (578 KB)Froaringus (talk | contribs)Uploaded a work by Jose Luis Cernadas Iglesias from https://www.flickr.com/photos/jlcernadas/5618701986/ with UploadWizard

There are no pages that use this file.

Metadata