File:1374-Porto da Coruña.jpg

From Wikimedia Commons, the free media repository
Jump to navigation Jump to search

Original file(2,233 × 1,659 pixels, file size: 1.28 MB, MIME type: image/jpeg)

Captions

Captions

Add a one-line explanation of what this file represents

Summary

[edit]
Description
Galego: O porto da Coruña é un porto galego situado tralo dique de abrigo da cidade da Coruña, bañada polo océano Atlántico. É un dos motores económicos da cidade, con seis quilómetros de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre.

O porto da Coruña conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coque) e contedores. No ano 2007 movéronse 13.842.964 toneladas de mercadorías no porto[1], o que supón un incremento total do 3,68 % respecto ao 2006, o que o converte no gran porto de mercadorías de Galicia e un de referencia no norte da península Ibérica, seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (10.228.000 toneladas). Este tráfico está dividido en:


Graneis líquidos, con 8.310.850 toneladas. Destaca o crecemento en petróleo cru, e o descenso en gasolinas, por mor da forza da divisa Europea, que dificulta as exportacións no sector.

Graneis sólidos, con 4.412.945 kg e centrado no trigo, o millo e o carbón, aínda que cunha tendencia descendente.

Mercadorías xerais, con 1.389.169 toneladas, protagonizadas pola palanquilla, aramios e ferros.

Tráfico de contedores, no que o Porto da Coruña inaugurou recentemente unha nova liña co X-Pres Container, sumándose á xa existente con OPDR. O notable incremento nas Mercadorías Xerais está a diversifica-lo traballo portuario, e xera máis opcións de crecemento.

Pesca fresca, con 31.094.395 kg. A importancia da industria conserveira na Coruña demanda gran cantidade de peixe

No ano 2004 comezou a construción do porto exterior da Coruña, que se aprobara en 1997. Está situado no concello limítrofe de Arteixo, que ampliará enormemente as instalacións portuarias e as desprazará fóra do casco urbano. O espazo baleiro é susceptible dunha rehabilitación modélica, que será denominada Cidade do Mar e xunto co porto exterior de Ferrol vai constituír unha das zonas industriais marítimas e loxísticas máis importantes da Unión Europea.

O novo porto contará cun dique de abrigo de 3.250 metros de longo, 264 hectáreas de augas interiores (o equivalente a máis de 100 campos de fútbol), 91 hectáreas de terreo edificable e un contradique de 600 metros no extremo oeste das obras. Ademais, tamén contará con conexións por estrada coa A-6 e por ferrocarril. A liña de atraque superará os 9 quilómetros con calados que irán dos 16 aos 30 metros, o que permitirá o atraque de buques de ata 250.000 toneladas de peso. Tamén ten previstas unhas ampliacións no 2020, para deixar libres os peiraos de San Diego e Oza.


Traido da Galipedia
Date
Source 1374-Porto da Coruña
Author Jose Luis Cernadas Iglesias from Coruña, España

Licensing

[edit]
w:en:Creative Commons
attribution
This file is licensed under the Creative Commons Attribution 2.0 Generic license.
You are free:
  • to share – to copy, distribute and transmit the work
  • to remix – to adapt the work
Under the following conditions:
  • attribution – You must give appropriate credit, provide a link to the license, and indicate if changes were made. You may do so in any reasonable manner, but not in any way that suggests the licensor endorses you or your use.
This image was originally posted to Flickr by jl.cernadas at https://flickr.com/photos/38035878@N07/4695144189. It was reviewed on 5 May 2016 by FlickreviewR and was confirmed to be licensed under the terms of the cc-by-2.0.

5 May 2016

File history

Click on a date/time to view the file as it appeared at that time.

Date/TimeThumbnailDimensionsUserComment
current03:49, 5 May 2016Thumbnail for version as of 03:49, 5 May 20162,233 × 1,659 (1.28 MB)Xavier36 (talk | contribs)User created page with UploadWizard

There are no pages that use this file.

Metadata